Haliotis

Haliotis
[ANIMAL]

Xénero de gasterópodos mariños da familia dos haliótidos. A súa morfoloxía auriculada é característica común entre todas as especies. O seu tamaño varía entre os 4 e os 6 cm, raramente chegan os 8 cm, as cunchas son nacaradas no seu interior. Son de hábitos nocturnos, herbívoros e viven debaixo das rochas. As especies deste xénero máis amplamente distribuídas polas costas galegas son   H. tuberculata e   H. lamellosa.

Palabras veciñas

Halimione | Halimium | haliótido -da | Haliotis | halíplido -da | halita | hálito