halíplido -da

halíplido -da

(< lat científico Haliplus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos halíplidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos halíplidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos coleópteros de 2,5 a 4,5 mm de lonxitude. Presentan unha coloración amarela con manchas negras. A súa cabeza é pequena con ollos prominentes, antenas filiformes, patas posteriores máis longas ca as medias e ca as anteriores e con pelos que lle permiten nadar. Comprenden 4 xéneros cunhas 200 especies de distribución principalmente en zonas temperadas.

Palabras veciñas

Halimium | haliótido -da | Haliotis | halíplido -da | halita | hálito | halitose