Haro
Liñaxe orixinaria de Bizkaia. O primeiro membro coñecido é Eneco I de Bizkaia (?-1099?), conde e señor de Bizkaia, Durango e Nájera. O seu neto Diego I López de Haro o Branco (?-1124), repoboou Haro e adoptou o nome desta vila como nome da liñaxe. No s XIII a familia dividiuse en tres ramas, das que destacou a fundada por Lope Díaz de Haro (?-1289) e que recibiu en 1599 o marquesado de Carpio. Posteriormente, destacaron Diego López de Haro (s XVI), gobernador e capitán xeneral de Galicia; Luis Méndez de Haro y Guzmán (1598-1661), marqués de Carpio e valido de Filipe IV; Gaspar de Guzmán y Pimentel (1587-1645), conde duque de Olivares e valido de Filipe IV; e García de Haro y Guzmán (1585-1668), conde de Castrillo, vicerrei de Nápoles (1653-1658) e presidente do Consello de Castela.