Hartlepool
Hartlepool
Cidade do condado de Cleveland, Inglaterra, Reino Unido (94.000 h [estim 1982]). Antigo centro comercial no mar do Norte, creceu coa expansión portuaria para poder atender as necesidades da explotación da conca carbonífera de Durham.