Hispania Nostra

Hispania Nostra

Sociedade sen ánimo de lucro fundada en 1976 coa finalidade de complementar, por medio da acción cidadá, a conservación e defensa do patrimonio cultural e natural levada a cabo polo Estado. Integrada en Europa Nostra, desde 1978 encárgase da xestión dos premios que esta organización outorga. En 1997 promoveu a constitución da Fundación Hispania Nostra para la Conservación del Patrimonio.