Hispanic Society of America, The

Hispanic Society of America, The

Institución fundada por Archer Milton Huntington en Nova York (1904) coa finalidade de promover o estudo e o coñecemento da cultura hispánica en EE UU. Publica a Revue Hispanique e editou estudios e reimpresións de obras. Ten unha biblioteca con 200.000 manuscritos e 18.000 libros editados antes de 1701, entre outras obras. O seu museo ten unha importante colección de obras de arte da Península Ibérica, principalmente pinturas do s XIII ao s XX, de artistas como El Greco, Francisco de Zurbarán ou Joaquim Sorolla.

Palabras veciñas

Hispania Citerior | Hispania Nostra | Hispania Ulterior | Hispanic Society of America, The | hispánico -ca | hispanidade | Hispaniola