Hispania Ulterior
Hispania Ulterior
Provincia romana que recibiu este nome pola súa distancia respecto da metrópole e que comprendía inicialmente o val do Guadalquivir. Dirixida por un gobernador nomeado polo Senado romano desde 197 a C, a súa capital foi Corduba (Córdoba). Foi dividida polo Emperador Augusto nas novas provincias Lusitania e Bética (27 a C).