Hixinio

Hixinio
[ONOM]

Antropónimo que ten a súa orixe no latín Hyginus, e este no grego Hyginos, derivado do adxectivo ὑ γιεινός ‘san’, e este do substantivo ὑ γίεια ‘boa saúde’. Da mesma raíz é Hixía (Ύγίεια) que, na mitoloxía grega, é a personificación da Saúde; está considerada filla do deus Asclepio, invocado polos gregos para conservar ou recobrar a saúde. Destacan con este nome o escritor hispanolatino Hixinio (64 a C-17) e o papa santo Hixinio de Atenas (s II), que celebra a súa festa o 11 de xaneiro.