hockey*

hockey*
  1. s m [DEP]

    Deporte de oposición en que se enfrontan dous equipos co obxectivo de introducir unha pelota ou disco, coa intervención só dun bastón ou stick, no interior da portería defendida polo rival. Un dos xogadores, provisto tamén de stick e ataviado con proteccións especiais contra os impactos, actúa como porteiro. O hockey é o xogo de pelota do que se teñen referencias máis antigas, pois rexístranse testemuños do terceiro milenio a C. Outros achados arqueolóxicos datan un xogo similar na Atenas do s V a C. Na Idade Media converteuse nun xogo moi popular en Inglaterra e Francia. Os británicos regulamentárono a mediados do s XIX e difundírono polos seus dominios coloniais.

  2. [DEP]

    hockey a patíns

  3. [DEP]

    hockey herba

  4. [DEP]

    hockey sobre xeo