Hockey Club Dominicos
Hockey Club Dominicos
Club de hockey a patíns fundado no seo do Colexio Santo Domingo da Coruña. Inaugurado no curso 1955-1956, desde o comezo da súa actividade docente o colexio organizou actividades relacionadas con este deporte. En maio de 1975 o equipo xuvenil conseguiu proclamarse campión de España da súa categoría. Transcorridos 5 anos, na tempada 1979-1980, o equipo senior acadou o ascenso á División de Honor, na que permaneceu ata 1992. En 1990 proclamouse campión da Copa do Rei.