honorario -ria

honorario -ria

(< lat honorarĭu)

  1. adx
    1. Que serve para honrar, aínda que non proporciona ningunha vantaxe material.

      Ex: Concedéronlle un cargo honorario pola súa traxectoria profesional.

    2. Que ten o título honorífico dun cargo ou función, aínda que non se exerza nin cobre a retribución correspondente.

      Ex: Nomeárono presidente honorario do club.

  2. s m pl

    Retribución que percibe alguén por un traballo, especialmente polos servicios do que exerce unha profesión liberal.

    Ex: Eses avogados cobran uns honorarios moi altos.

    Confrontacións: estipendio, remuneración, tarifa.