Honorato/Honorata

Honorato/Honorata
[ONOM]

Antropónimo que ten a súa orixe no latín Honoratus, alcume romano moi común na época posclásica ‘digno de ser apreciado e honrado’, ‘digno de honra’, derivado do verbo honorāre ‘honrar, distinguir’. Destacan con este nome santo Honorato de Arles (ss IV-V), celebrado o 16 de xaneiro, e santo Honorato de Amiens (s VI - s VII), celebrado o 16 de maio.