Hora de España
Hora de España
[PUBLIC]
Revista mensual de crítica, ensaio e poesía, editada en València (xaneiro-decembro de 1937) e Barcelona (xaneiro-novembro de 1938) por un grupo de intelectuais; entre eles, R. Alberti, Luis Cernuda, María Zambrano, Pere Bosch i Gimpera e Rafael Dieste. Incluía numerosas composicións poéticas, recensións de obras e unha antoloxía poética. Constituíu o expoñente máis importante da coalición de escritores ao carón da causa republicana.