hora
(< lat hora)
-
-
s
f
[ASTRON/METROL]
Unidade de tempo que equivale a 1/24 da duración dun día. A división do día en 24 horas é unha práctica moi antiga. Tendo en conta que hai diversas maneiras de definir o día, as horas correspondentes teñen duracións diversas. Así, fálase de hora solar, hora sideral e hora solar media, entre outras.
-
s
f
Distancia que se pode percorrer nunha hora de tempo, especialmente a pé.
Ex: O balneario está a unha hora da vila.
-
hora de auga AGR
[AGR]
Cantidade de auga de rego que pasa nunha hora por un conduto.
-
hora extra/extraordinaria
Hora que se traballa e contabiliza fóra do horario laboral normal ou legal. OBS: Normalmente úsase en plural.
-
s
f
[ASTRON/METROL]
-
-
s
f
[ASTRON]
Tempo do día expresado en horas contadas desde a medianoite ou o mediodía e en fraccións de hora. Fálase de hora sideral, hora oficial e hora civil, como sinónimos respectivamente, de tempo sideral, tempo oficial e tempo civil
-
s
f
Momento determinado no tempo.
Ex: Vinde que é hora da merenda. Que hora é? Que horas son estas de chegar!
-
s
f
Momento para o que se cita a alguén.
Ex: Teño hora co fisioterapeuta.
Sinónimos: cita. Confrontacións: vez, vez. -
s
f
Momento da morte de alguén. OBS: Úsase normalmente cos verbos chegar e tocar.
Ex: Chegoulle a súa hora.
-
s
f
Moito tempo.
Ex: Xa cheguei hai unha hora!
-
s
f
[RELIX]
Cada unha das partes nas que se divide o oficio divino e que se destina ao rezo nun determinado momento do día: matíns, laudes, vésperas, prima, tercia, sexta, nona e completas. OBS: Adoita ir en plural e normalmente recibe o nome de horas canónicas.
-
s
f
[DEP]
Competición ciclísta que consiste en dar o maior número de voltas posible ao velódromo durante unha hora.
-
corenta horas
[RELIX]
Devoción dedicada ao sacramento da Eucaristía que dura corenta horas, en lembranza do tempo que Cristo estivo no santo sepulcro.
-
hora do cronómetro
[ASTRON]
Hora que marca o cronómetro, á que se lle poden aplicar dúas correccións, que son o estado absoluto e a parte proporcional ao movemento diario, para saber a hora civil do meridiano de Greenwich.
-
hora hache
[BÉL]
Momento fixado para un ataque ou outra operación militar.
-
hora maior
[RELIX]
Nome que reciben os matíns, laúdes e vésperas no oficio divino.
-
hora menor
[RELIX]
Nome que reciben as catro horas intermedias das canónicas: prima, tercia, sexta e nona.
-
hora santa
[RELIX]
Hora dedicada á adoración do Santísimo Sacramento. Ten lugar os xoves, de once a doce da noite, en lembranza da oración de Xesús na Horta das Oliveiras.
-
s
f
[ASTRON]
-
s
f
Momento en que se fai ou no que se desenvolve certa acción.
Ex: Nas súas últimas horas arrepentiuse de moitas cousas que fixera.
-
[ASTRON]
Unidade angular que equivale a 15’ sesaxesimais. Divídese en 60 minutos angulares e cada un destes en 60 segundos angulares.
Frases feitas
-
A altas horas. Nunha hora avanzada da noite ou da madrugada.
-
A boa(s) hora(s)! Expresión irónica referida a un feito que acontece demasiado tarde.
-
A primeira hora. Nos primeiros momentos do día ou da parte do día que se expresa.
-
Á súa hora. Con puntualidade. Ex: Hoxe o tren saíu á súa hora.
-
A tal hora. Neste mesmo momento. Ex: A tal hora xa debeu facer o exame.
-
A todas horas. De xeito continuado, a cada momento. Ex: Anda a amolarme a todas horas.
-
Antes de hora. Antes de tempo, antes do momento sinalado, oportuno ou habitual.
-
Dar hora. Citar a alguén para algo a unha hora determinada. Ex: Déronme hora no médico para as sete da tarde.
-
De última hora. Expresión que se aplica a noticias e feitos moi recentes.
-
En boa hora. Que ocorre oportunamente ou con boa sorte.
-
En hora boa 1 Fórmula que se emprega para felicitar. Ex: En hora boa polo nacemento do teu fillo!
-
En mala hora. Con mala sorte ou nun momento inoportuno. Ex: En mala hora se me ocorreu entrar a pedirlle a carta!
-
Entre horas. Espacio de tempo entre as principais comidas. Ex: Adelgazou moito dende que non come entre horas.
-
Hora da verdade. Momento decisivo de algo.
-
Hora feliz. Período do día en que se reducen os prezos ou se fan ofertas especiais nun bar ou establecemento.
-
Horas mortas. Moito tempo seguido nunha soa ocupación. Ex: Pasa as horas mortas mirando pola fiestra.
-
Non ver a hora (de facer algo). Estar impaciente degoirando que se produza algo. Ex: Non ve a hora de marchar de vacacións.
-
Por horas. Traballo que se cobra contabilizando as horas. Ex: O xornaleiro cobraba por horas.
-
Ser horas. Terse cumprido un período de tempo. Ex: Xa son horas de saírmos do traballo.
-
2 Con felicidade. Ex: Que o ascenso sexa en hora boa.
-
A última hora. Nos últimos momentos do día ou da parte do día que se expresa.
-
Dar as horas. Soar a hora no reloxo.
-
Hora punta. Momento do día de máis densidade de tráfico e maior mobilidade de xente.
-
Pedir hora. Pedir alguén que lle sexa sinalada unha hora para unha entrevista. Ex: Teño que pedir hora para o xinecólogo.
-
Pór en hora. Facer que un reloxo marque a hora exacta. Ex: Tivo que volver pór en hora o reloxo dixital porque marchou a corrente.
-
Ter (alguén ou algo) as horas contadas. Estar próximo á súa fin. Ex: O novo xerente ten as horas contadas.
-
Última hora/hora suprema/hora fatal. A hora da morte. Ex: Desgraciadamente chegou a súa última hora.