Horas
Horas
[MIT]
Divindades das estacións, fillas de Zeus e Temis. Son tres, Eunomia, Dice e Eirene, que se corresponden con Disciplina, Xustiza e Paz, respectivamente. Teñen un dobre carácter, por unha banda presiden os ciclos da vexetación (divindades da natureza) e pola outra aseguran o equilibrio social (divindades da orde).