horario -ria

horario -ria

(< lat horarĭu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á hora.

  2. s m
    1. Cadro que indica a relación de actividades e a súa distribución entre as horas do día.

      Ex: No taboleiro colocaron o horario de exames.

    2. Distribución das horas de traballo ou das actividades dunha persoa.

      Ex: O seu horario laboral é bastante flexible. O horario de atención ó público é das 10 ás 14 horas.

    3. Relación das horas de saída e chegada dun medio de transporte.

      Ex: Chamou á estación para preguntar polo horario de trens.

  3. s m

    Agulla do reloxo que indica as horas, máis curta ca o minuteiro.

  4. s m ángulo horario [ASTRON]

    Arco do ecuador celeste, contado en horas e en sentido retrógrado, desde o punto de intersección do ecuador co plano meridiano do lugar cercano ao círculo horario do astro.

Palabras veciñas

horaciano -na | Horacio | Horacio | horario -ria | Horas | Horcajo de Santiago | horda