horario -ria
horario -ria
(< lat horarĭu)
-
adx
Relativo ou pertencente á hora.
-
s
m
-
Cadro que indica a relación de actividades e a súa distribución entre as horas do día.
Ex: No taboleiro colocaron o horario de exames.
-
Distribución das horas de traballo ou das actividades dunha persoa.
Ex: O seu horario laboral é bastante flexible. O horario de atención ó público é das 10 ás 14 horas.
-
Relación das horas de saída e chegada dun medio de transporte.
Ex: Chamou á estación para preguntar polo horario de trens.
-
-
s
m
Agulla do reloxo que indica as horas, máis curta ca o minuteiro.
-
s
m
ángulo horario
[ASTRON]
Arco do ecuador celeste, contado en horas e en sentido retrógrado, desde o punto de intersección do ecuador co plano meridiano do lugar cercano ao círculo horario do astro.