Hume-Rothery, regras de
Hume-Rothery, regras de
[FÍS]
Leis empíricas que regulan a composición das fases estruturalmente análogas nas aliaxes metálicas. Fundaméntanse nas dimensións atómicas relativas, na electronegatividade dos compoñentes, na valencia e no número de electróns de valencia por átomo.