implantación
(< implantar)
-
adx
Acción e efecto de implantar ou implantarse.
-
[MED]
-
s
f
Inserción dun implante.
-
s
f
Anastomose cirúrxica terminolateral.
-
s
f
Introdución subcutánea dun medicamento sólido coa finalidade principal de conseguir unha absorción metabólica lenta.
-
implantación coclear
Técnica cirúrxica empregada para o tratamento da xordeira bilateral profunda, baseada na implantación dunha prótese que, mediante unha estimulación eléctrica directa sobre o nervio auditivo, produce no paciente unha sensación de audición. Mediante un proceso de rehabilitación chégase, en moitos casos, á discriminación de todos os sons e as palabras do idioma, o que permite a reincorporación a unha vida social normal.
-
s
f
-
s
f
[FISIOL]
Fixación na mucosa uterina do ovo fecundado.
-
implantación iónica
[FÍS]
Procedemento que consiste en bombardear un material con átomos ionizados de suficiente enerxía para penetrar máis aló da capa superficial do material. A introdución destes ións permite cambiar as propiedades do material implantado; esta técnica é amplamente utilizada en electrónica e en metalurxia. Permite controlar de maneira precisa a cantidade de átomos introducida e a profundidade de penetración.