implante

implante

(< implantar)

s m [MED]

Substancia ou estrutura metálica ou sintética ou ben composto, elemento, tecido ou órgano introducido cirurxicamente no tecido celular subcutáneo para dar soporte a unha prótese, conseguir unha liberación lenta do principio activo (implante medicamentoso), ou mellorar ou rexenerar a función dun órgano danado.