indoario -ria

indoario -ria

(< indo + ario)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos indoarios ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo da etnia indoaria.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo indoeuropeo que habita entre a meseta iraniana e India.

  4. s m [LING]

    Grupo de linguas da familia indoirania do phylum indoeuropeo, faladas en India. As linguas indoarias antigas máis coñecidas son o védico, o sánscrito, o prácrito e o pali. Entre as modernas inclúense o hindi, o marathi, o bengalí, o panjabi, o oriya, o assamés e o gujarati.

Palabras veciñas

indixete | indo | Indo | indoario -ria | Indochina, península de | indochinés -sa | indócil