IRA

IRA
Nome científico: [Irish Republican Army]

  Exército Republicano Irlandés constituído como organización armada en 1919 para combater o dominio británico en Irlanda e apoiar os obxectivos do Sinn Féin. En 1921 sufriu a súa primeira escisión: mentres unha pequena facción se integraba no exército do   Irish Free State, a sección maioritaria do IRA, os chamados irregulars, enfrontáronse a eles e o seu novo goberno nunha guerra civil (1922-1923). Declarado ilegal desde 1939, sufriu unha nova escisión en 1969, polas diverxencias sobre a utilización de tácticas terroristas, en dous grupos: o IRA provisional, partidarios dunha liña militar, e o IRA oficial, cunha liña que subordina a acción militar á política. En 1994 decretou un cesamento do fogo incondicional que acompañaba as conversas de paz co goberno británico e que rompeu en 1996 cun atentado con bomba en Londres. O Acordo de Stormont (1998) entre o goberno británico, o Sinn Féin e os protestantes moderados, deu lugar a unha nova tregua e abriu o camiño cara a autodeterminación de Ulster e a paz, que implicaba a disolución do IRA. Non obstante , un novo sector escindido, o IRA auténtico, executou un atentado en agosto dese mesmo ano na cidade norteirlandesa de Omagh que desmantelou o proceso de paz, a pesar de ter anunciado en varias ocasións o seu desarme, ao permanecer activo na loita armada durante os anos seguintes.

Palabras veciñas

Ir | Ir Indo Edicións | ira | IRA | Irache | iracundia | iracundo -da