ira
ira
(
-
s
f
[PSIC]
Emoción básica que adoita manifestarse cunha forte descarga do sistema nervioso autónomo, a miúdo acompañada de actividades somáticas agresivas (inxurias, castigos, vinganzas, etc) e normalmente provocada por ofensas ou restricións reais ou imaxinarias.
Sinónimos: cólera, furia, furor. Confrontacións: carraxe. -
s
f
iolencia con que presentan os elementos da natureza.
Ex: A ira do vento destruíu as casas.
Refráns
- Asáñanse as comadres porque lles din as verdades.
- Can danado non coñece o amo.
- Cando a cólera sae da nai, non ten a lingua pai.
- Endexamais a cólera fixo causa boa.
- Eu te castigaría, se non estivese cheo de ira.
- Ira de irmaus, ira de marraus.
- O sangue ferve sen fogo.
- O sangue sen lume ferve e arde.
- Para a ira de Deus non hai casa forte.
- Vivirás boa vida, se contés a túa ira.
- ¡Da ira do señor e da tirria dos pobos Deus nos libre a todos!