Irache
Irache
Lugar do municipio de Lizarra, Nafarroa, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Do seu patrimonio cultural destaca o mosteiro beneditino de Santa María la Real, onde os monxes se dedicaban desde antigo á elaboración do viño, e a Fuente del Vino, onde nunha fonte de dous canos, un de auga e outro de viño, os peregrinos recuperan folgos.