ir
(< lat ire)
-
v i
-
Moverse dun lugar a outro, desprazándose no espacio. Na tradición oral recóllense ditos como: “A onde has de ir non has de mentir. Ben vai a vella na burra cando e súa. En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu ben. Ir a cabalo do burro, e andar ao seu procuro. Irei, irei, e á miña casa volverei. Ir e non vir coma os poldros á feira. Ir por lan e volver rapado. Mentres vas e vés, váichese o día. Onde vas, tolo? Onde van todos. Quen lonxe vai casar, ou ten chata, ou vaina buscar”.
Ex: Vai en Lugo. Ían de viaxe. Ían a pé ao concerto.
-
Desprazarse a un lugar en que se permanece durante un tempo para algo determinado.
Ex: Vai á escola todos os días. Foi a unha conferencia.
Confrontacións: asistir.
-
-
v i
Levar un camiño a un lugar.
Ex: Sempre vai pola estrada vella.
Sinónimos: conducir. -
v i
Estenderse algo no espacio ou no tempo entre dous puntos.
Ex: A leira vai desde estes piñeiros ata o regato. Os días que van do 5 ó 10 son festivos.
-
v i
Ocupar un lugar nun espazo ou estar situado nunha determinada orde.
Ex: Vai en quinto lugar. Estes calcetíns van nesa caixa. Falta a peza que vai neste enganche. Nesta folla van os datos que me pediches.
-
v i
-
Estar dunha determinada maneira ou nun estado.
Ex: O río vai case sen auga. O neno vai ben na escola. O reloxo vai moi atrasado.
-
Funcionar algo.
Ex: O coche está tan vello que xa non vai. Os negocios van ben.
Confrontacións: marchar.
-
-
v i
Ser algo do agrado de alguén.
Ex: Vaille moito o baile. Non me vai nada esta comida.
Sinónimos: gustar. -
v i
Cadrar ben unha cousa con outra.
Ex: Esa camisa non che vai nada co pantalón azul.
Sinónimos: combinar. -
v i
Levar posta a roupa ou os adornos apropiados para algo.
Ex: Hai que ir de gala para asistir ó acto.
-
v i
Ter ou ser o que se indica.
Ex: As súas ameazas ían moi en serio.
-
v i
Diferenciarse algo ou alguén entre si.
Ex: Non vai moito dun irmán ó outro.
-
v i
Apostar ou poñer en xogo. OBS: Úsase en presente de indicativo.
Ex: Van dez euros á sota. Niso vaille o prestixio. Vaime nisto o pescozo.
Sinónimos: xogar. -
v i
Tocarlle a alguén intervir nun xogo.
Ex: Bota as cartas, que agora vas ti.
-
v i
Facer referencia ou afectar a algo ou a alguén. OBS: Úsase coas preposicións por e con.
Ex: Iso que dicía ía por ti. Creo que vai con malas intencións.
-
v i
Servir algo como compensación.
Ex: O regalo vai polos favores que me fixeches. Este premio vai polos meus pais.
-
v i
Haber o tempo, a temperatura ou a circunstancia climática que se expresa.
Ex: Vai moita calor para o mes en que estamos. Hoxe vai vento.
-
v pron
Abandonar o lugar no que se está.
Ex: Foise sen dicir nada. Mañá vaise para Sevilla.
Sinónimos: marchar. -
v pron
Deixar de vivir.
Ex: Fóisenos un magnífico escritor e mellor persoa.
Sinónimos: falecer, finar. -
v pron
Escapar algo do continente en que estaba.
Ex: Fóiselle o leite do cazo. Fóiselle o aire á roda.
-
v pron
Ser incapaz de controlar algo.
Ex: Fóiselle a man co sal e a comida estaba moi salgada. Fóiselle a porta e colleulle un dedo.
-
v pron
-
Deixar de haber ou de estar presente unha cousa.
Ex: Non se me dá ido esta dor. Non se vai o frío.
-
Consumirse unha cousa.
Ex: Fóronselle todas as forzas. Os cartos vanse sen que te decates.
-
Frases feitas
-
2 Perífrase temporal de futuridade que indica intención de realizar unha acción. Ex: Vou ir comer.
-
Como (che, lle...) vai? Fórmula de cortesía coa que se lle pregunta a alguén polo seu estado.
-
Ir (me, lle...) mal. Poñerse alguén enfermo.
-
Ir pola sombra. Ir con precaución.
-
Irse (me, che...) a man. Excederse en algo. Ex: Creo que se che foi a man ao berrarlle tanto.
-
2 Perífrase temporal de futuridade que indica futuro inmediato. Ex: Vai vir a noite e temos que marchar. Vai escampar. OBS: Na fala téndese a usar esta perífrase en lugar do futuro. Ex: Chamareite mañá/Voute chamar mañá.
-
2 Expresión que se emprega con alguén que fala sen tino. Ex: Vaite de aí!A quen dis ti que vas gañar?.
-
2 Expresión que se emprega para brindar ou dedicar algo. Ex:!Vai polos noivos!
-
2 Perífrase aspectual perfectiva que lle atribúe unha calidade ao suxeito. Ex: Os zapatos van gastados. Os chourizos xa van curados.
-
3 Pretender algo dunha persoa. OBS: Ten connotacións negativas. Ex: En canto o viu foi por el e acabaron pelexando.
-
Como (che, vos...) vaia aí! Expresión de ameaza, especialmente para os nenos. Ex: Como che vaia aí vouche quentar as cachas.
-
Deixarse ir. Abandonarse alguén ás circunstancias. Ex. Se me deixo ir botaría a tarde aquí tumbado.
-
Ir + part 1 Perífrase aspectual perfectiva que indica unha acción rematada, pero conservando a idea de movemento. Ex: Ía montado no remolque do tractor.
-
Ir + xer. Perífrase aspectual imperfectiva que indica un desenvolvemento gradual ou progresivo da acción. Ex. Vai andando amodo que xa te pillo eu. As protestas ían aumentando.
-
Ir á corte e matalos todos. Ser algo máis fácil do que parece.
-
Ir a escape. Ir con moita présa. Ex: Ía a escape coller o autobús.
-
Ir á rodriga. Ir á poda.
-
Ir á seca. Ir mariscar.
-
Ir á/de boga. Saír de noite a divertirse. Ex: Onte foi de boga e hoxe non hai quen o erga.
-
Ir algo en. Depender algo do que se indica. Ex: O xenio xa lle vai nos xenes.
-
Ir andado. Ser alguén vello ou experimentado. Ex: Cando casou con el xa ía andada.
-
Ir ao mar. Estar un mariñeiro nas faenas da pesca.
-
Ir ao seu. Volver algo ao seu estado normal. Ex: Sacou un dedo do sitio pero foille ao seu el só.
-
Ir ao teu/ó seu/ó noso... Ocuparse dos propios asuntos.
-
Ir ás mozas. Andar moceando. Ex: De novo ía ás mozas á parroquia de Cora.
-
Ir coma os gatos polas brasas. Andar con precaución.
-
Ir cos da feira e volver cos do mercado. Mudar de opinión con facilidade.
-
Ir das mirras para as encollas. Envellecer.
-
Ir de recú. Ir cara a atrás.
-
Ir detrás de. Intentar conseguir algo ou a alguén. Ex: Ía detrás da túa sobriña, pero ela non o quixo.
-
Ir e. Expresión que se emprega na fala como nexo da narración e para animar o relato. Ex: Enton ela vai e cólleo polos pelos.
-
Ir en. Ir temporalmente a un lugar ou estar de camiño cara a el. Ex: Non che está, porque vai na feira.
-
Ir entrado en anos. Ser moi vello.
-
Ir indo/tirando. Non lle ir a alguén nin ben nin mal. Ex: O caso é ir indo.
-
Ir para (período de tempo) que. Transcorrer certo tempo desde un acontecemento. Ex: Vai para dous anos que casaron.
-
Ir para. Mostrar calidades para algo. Ex: Este neno vai para músico.
-
Ir polo rego. Obedecer, ser ben guiado.
-
Ir por 1 Ir buscar algo. Ex: Vaime por un café.
-
Ir rancarrán. Camiñar amodo e con dificultade.
-
Ir+ inf 1 Perífrase temporal de futuridade que indica movemento na acción expresada polo infinitivo. Ex: Vai acender a luz.
-
Irse da lingua. Contar algo que é secreto.
-
Irse por si. Estar alguén descomposto.
-
Nin me vai nin me vén. Ser algo indiferente.
-
Onde vai que...! Pasar moito tempo. Ex. Onde vai que non te vexo!
-
Vai ti saber. Expresión que indica que algo é hipotético ou que non se sabe. Ex: Vai ti saber cómo lle irá no estranxeiro.
-
Vai(te) de aí 1 Marcha. Ex: Vaite de aí que te podes queimar.
-
Vaiche boa. Expresión coa que se indica que algo ocorreu hai moito tempo. Ex: Vaiche boa que non nos viñan visitar.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles vou
vas
vai
imos
ides
van
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ía
ías
ía
iamos
iades
ían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fun
fuches
foi
fomos
fostes
foron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fora
foras
fora
foramos
forades
foran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles irei
irás
irá
iremos
iredes
irán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles iría
irías
iría
iriamos
iriades
irían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles vaia
vaias
vaia
vaiamos
vaiades
vaian
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fose
foses
fose
fosemos
fosedes
fosen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles for
fores
for
formos
fordes
foren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
vai
-
vamos
ide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ir
ires
ir
irmos
irdes
iren
ida
idos
idas