xogar

xogar

(< lat iocāri)

  1. v i

    Facer algo para entreterse ou divertirse.

    Ex: Xoga no parque mentres chega túa nai.

    Sinónimos: brincar, enredar, rebuldar, trebellar.
  2. v i

    Practicar ou tomar parte nun xogo ou deporte.

    Ex: Xogamos ao fútbol.

  3. v i

    Practicar un xogo arriscando cartos.

    Ex: Xoga moito ao póker.

  4. v i

    Non tratar un asunto con responsabilidade.

    Ex: Xogas co traballo e aínda vas levar un susto.

  5. v t

    Facer unha xogada ou levar a cabo un partido ou partida dun xogo ou competición.

    Ex: Xogaron un partido de tenis. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Agora xogas ti.

  6. v t

    Pór en perigo.

    Ex: Xogou a vida naquela carreira de coches.

  7. v t

    Arriscar algunha cousa, polo xeral nunha aposta.

    Ex: Xogou o reloxo e perdeuno.

Palabras veciñas

xoga | xogada | xogador -ra | xogar | xógara | xogo | Xogo de Pelota, xuramento do
Conxugar
VERBO xogar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogo
xogas
xoga
xogamos
xogades
xogan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogaba
xogabas
xogaba
xogabamos
xogabades
xogaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xoguei
xogaches
xogou
xogamos
xogastes
xogaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogara
xogaras
xogara
xogaramos
xogarades
xogaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogarei
xogarás
xogará
xogaremos
xogaredes
xogarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogaría
xogarías
xogaría
xogariamos
xogariades
xogarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogue
xogues
xogue
xoguemos
xoguedes
xoguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogase
xogases
xogase
xogasemos
xogasedes
xogasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogar
xogares
xogar
xogarmos
xogardes
xogaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
xoga
-
-
xogade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
xogar
xogares
xogar
xogarmos
xogardes
xogaren
Xerundio xogando
Participio xogado
xogada
xogados
xogadas