ir

ir

(< lat ire)

  1. v i
    1. Moverse dun lugar a outro, desprazándose no espacio. Na tradición oral recóllense ditos como: “A onde has de ir non has de mentir. Ben vai a vella na burra cando e súa. En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu ben. Ir a cabalo do burro, e andar ao seu procuro. Irei, irei, e á miña casa volverei. Ir e non vir coma os poldros á feira. Ir por lan e volver rapado. Mentres vas e vés, váichese o día. Onde vas, tolo? Onde van todos. Quen lonxe vai casar, ou ten chata, ou vaina buscar”.

      Ex: Vai en Lugo. Ían de viaxe. Ían a pé ao concerto. 

    2. Desprazarse a un lugar en que se permanece durante un tempo para algo determinado.

      Ex: Vai á escola todos os días. Foi a unha conferencia. 

      Confrontacións: asistir.
  2. v i

    Levar un camiño a un lugar.

    Ex: Sempre vai pola estrada vella. 

    Sinónimos: conducir.
  3. v i

    Estenderse algo no espacio ou no tempo entre dous puntos.

    Ex: A leira vai desde estes piñeiros ata o regato. Os días que van do 5 ó 10 son festivos. 

  4. v i

    Ocupar un lugar nun espazo ou estar situado nunha determinada orde.

    Ex: Vai en quinto lugar. Estes calcetíns van nesa caixa. Falta a peza que vai neste enganche. Nesta folla van os datos que me pediches. 

  5. v i
    1. Estar dunha determinada maneira ou nun estado.

      Ex: O río vai case sen auga. O neno vai ben na escola. O reloxo vai moi atrasado. 

    2. Funcionar algo.

      Ex: O coche está tan vello que xa non vai. Os negocios van ben. 

      Confrontacións: marchar.
  6. v i

    Ser algo do agrado de alguén.

    Ex: Vaille moito o baile. Non me vai nada esta comida. 

    Sinónimos: gustar.
  7. v i

    Cadrar ben unha cousa con outra.

    Ex: Esa camisa non che vai nada co pantalón azul. 

    Sinónimos: combinar.
  8. v i

    Levar posta a roupa ou os adornos apropiados para algo.

    Ex: Hai que ir de gala para asistir ó acto. 

  9. v i

    Ter ou ser o que se indica.

    Ex: As súas ameazas ían moi en serio. 

  10. v i

    Diferenciarse algo ou alguén entre si.

    Ex: Non vai moito dun irmán ó outro. 

  11. v i

    Apostar ou poñer en xogo. OBS: Úsase en presente de indicativo.

    Ex: Van dez euros á sota. Niso vaille o prestixio. Vaime nisto o pescozo. 

    Sinónimos: xogar.
  12. v i

    Tocarlle a alguén intervir nun xogo.

    Ex: Bota as cartas, que agora vas ti. 

  13. v i

    Facer referencia ou afectar a algo ou a alguén. OBS: Úsase coas preposicións por e con.

    Ex: Iso que dicía ía por ti. Creo que vai con malas intencións. 

  14. v i

    Servir algo como compensación.

    Ex: O regalo vai polos favores que me fixeches. Este premio vai polos meus pais. 

  15. v i

    Haber o tempo, a temperatura ou a circunstancia climática que se expresa.

    Ex: Vai moita calor para o mes en que estamos. Hoxe vai vento. 

  16. v pron

    Abandonar o lugar no que se está.

    Ex: Foise sen dicir nada. Mañá vaise para Sevilla. 

    Sinónimos: marchar.
  17. v pron

    Deixar de vivir.

    Ex: Fóisenos un magnífico escritor e mellor persoa. 

    Sinónimos: falecer, finar.
  18. v pron

    Escapar algo do continente en que estaba.

    Ex: Fóiselle o leite do cazo. Fóiselle o aire á roda. 

  19. v pron

    Ser incapaz de controlar algo.

    Ex: Fóiselle a man co sal e a comida estaba moi salgada. Fóiselle a porta e colleulle un dedo. 

  20. v pron
    1. Deixar de haber ou de estar presente unha cousa.

      Ex: Non se me dá ido esta dor. Non se vai o frío. 

    2. Consumirse unha cousa.

      Ex: Fóronselle todas as forzas. Os cartos vanse sen que te decates.

Frases feitas

  • 2 Perífrase temporal de futuridade que indica intención de realizar unha acción. Ex: Vou ir comer.

  • Como (che, lle...) vai? Fórmula de cortesía coa que se lle pregunta a alguén polo seu estado.

  • Ir (me, lle...) mal. Poñerse alguén enfermo.

  • Ir pola sombra. Ir con precaución.

  • Irse (me, che...) a man. Excederse en algo. Ex: Creo que se che foi a man ao berrarlle tanto.

  • 2 Perífrase temporal de futuridade que indica futuro inmediato. Ex: Vai vir a noite e temos que marchar. Vai escampar. OBS: Na fala téndese a usar esta perífrase en lugar do futuro. Ex: Chamareite mañá/Voute chamar mañá.

  • 2 Expresión que se emprega con alguén que fala sen tino. Ex: Vaite de aí!A quen dis ti que vas gañar?.

  • 2 Expresión que se emprega para brindar ou dedicar algo. Ex:!Vai polos noivos!

  • 2 Perífrase aspectual perfectiva que lle atribúe unha calidade ao suxeito. Ex: Os zapatos van gastados. Os chourizos xa van curados.

  • 3 Pretender algo dunha persoa. OBS: Ten connotacións negativas. Ex: En canto o viu foi por el e acabaron pelexando.

  • Como (che, vos...) vaia aí! Expresión de ameaza, especialmente para os nenos. Ex: Como che vaia aí vouche quentar as cachas.

  • Deixarse ir. Abandonarse alguén ás circunstancias. Ex. Se me deixo ir botaría a tarde aquí tumbado.

  • Ir + part 1 Perífrase aspectual perfectiva que indica unha acción rematada, pero conservando a idea de movemento. Ex: Ía montado no remolque do tractor.

  • Ir + xer. Perífrase aspectual imperfectiva que indica un desenvolvemento gradual ou progresivo da acción. Ex. Vai andando amodo que xa te pillo eu. As protestas ían aumentando.

  • Ir á corte e matalos todos. Ser algo máis fácil do que parece.

  • Ir a escape. Ir con moita présa. Ex: Ía a escape coller o autobús.

  • Ir á rodriga. Ir á poda.

  • Ir á seca. Ir mariscar.

  • Ir á/de boga. Saír de noite a divertirse. Ex: Onte foi de boga e hoxe non hai quen o erga.

  • Ir algo en. Depender algo do que se indica. Ex: O xenio xa lle vai nos xenes.

  • Ir andado. Ser alguén vello ou experimentado. Ex: Cando casou con el xa ía andada.

  • Ir ao mar. Estar un mariñeiro nas faenas da pesca.

  • Ir ao seu. Volver algo ao seu estado normal. Ex: Sacou un dedo do sitio pero foille ao seu el só.

  • Ir ao teu/ó seu/ó noso... Ocuparse dos propios asuntos.

  • Ir ás mozas. Andar moceando. Ex: De novo ía ás mozas á parroquia de Cora.

  • Ir coma os gatos polas brasas. Andar con precaución.

  • Ir cos da feira e volver cos do mercado. Mudar de opinión con facilidade.

  • Ir das mirras para as encollas. Envellecer.

  • Ir de recú. Ir cara a atrás.

  • Ir detrás de. Intentar conseguir algo ou a alguén. Ex: Ía detrás da túa sobriña, pero ela non o quixo.

  • Ir e. Expresión que se emprega na fala como nexo da narración e para animar o relato. Ex: Enton ela vai e cólleo polos pelos.

  • Ir en. Ir temporalmente a un lugar ou estar de camiño cara a el. Ex: Non che está, porque vai na feira.

  • Ir entrado en anos. Ser moi vello.

  • Ir indo/tirando. Non lle ir a alguén nin ben nin mal. Ex: O caso é ir indo.

  • Ir para (período de tempo) que. Transcorrer certo tempo desde un acontecemento. Ex: Vai para dous anos que casaron.

  • Ir para. Mostrar calidades para algo. Ex: Este neno vai para músico.

  • Ir polo rego. Obedecer, ser ben guiado.

  • Ir por 1 Ir buscar algo. Ex: Vaime por un café.

  • Ir rancarrán. Camiñar amodo e con dificultade.

  • Ir+ inf 1 Perífrase temporal de futuridade que indica movemento na acción expresada polo infinitivo. Ex: Vai acender a luz.

  • Irse da lingua. Contar algo que é secreto.

  • Irse por si. Estar alguén descomposto.

  • Nin me vai nin me vén. Ser algo indiferente.

  • Onde vai que...! Pasar moito tempo. Ex. Onde vai que non te vexo!

  • Vai ti saber. Expresión que indica que algo é hipotético ou que non se sabe. Ex: Vai ti saber cómo lle irá no estranxeiro.

  • Vai(te) de aí 1 Marcha. Ex: Vaite de aí que te podes queimar.

  • Vaiche boa. Expresión coa que se indica que algo ocorreu hai moito tempo. Ex: Vaiche boa que non nos viñan visitar.

Palabras veciñas

Iquique | Iquitos | ir | ir | Ir | Ir Indo Edicións | ira
Conxugar
VERBO ir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vou
vas
vai
imos
ides
van
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ía
ías
ía
iamos
iades
ían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fun
fuches
foi
fomos
fostes
foron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fora
foras
fora
foramos
forades
foran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
irei
irás
irá
iremos
iredes
irán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
iría
irías
iría
iriamos
iriades
irían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vaia
vaias
vaia
vaiamos
vaiades
vaian
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fose
foses
fose
fosemos
fosedes
fosen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
for
fores
for
formos
fordes
foren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
vai
-
vamos
ide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ir
ires
ir
irmos
irdes
iren
Xerundio indo
Participio ido
ida
idos
idas