carraxe

carraxe

(< fr courage < lat cor‘corazón’)

  1. s f

    Irritación do ánimo dunha persoa a causa dalgún acontecemento adverso.

    Ex: Estraguei o coche a semana pasada e non podo evitar sentir esta carraxe.

    Sinónimos: rabia. Confrontacións: cólera, furor, ira.
  2. s f

    Ímpeto para levar a cabo unha empresa sen temer as dificultades ou perigos que se poidan encontrar.

    Ex: Resolveu o conflito con moita carraxe.

    Sinónimos: afouteza, animosidade, braveza, coraxe, denodo, ousadía, rabia, valor. Confrontacións: impetuosidade, temeridade.

Frases feitas

  • Arder de carraxe. Estar moi incomodado.

Palabras veciñas

carrasqueira | carrasqueiro | carrasquilla | carraxe | carraxento -ta | Carraxo | Carraxo