irmán -má
(< frater germānu ‘irmáncarnal’)
-
-
s
Ser vivo que ten os mesmos pais ou só o mesmo pai ou a mesma nai.
-
s
[DER]
Parente colateral de segundo grao civil. Segundo o dereito tradicional, os irmáns só teñen dereito á lexítima a falta de descendentes e de ascendentes, se o irmán defunto os declarara persona turpis, aínda que esta particularidade desapareceu actualmente.
-
irmán bastardo
Fillo natural respecto ao lexítimo.
-
irmán carnal
Respecto a outra persoa, fillo dos mesmos pai e nai.
-
irmán consanguíneo
Respecto a outra persoa, fillo dun mesmo pai, pero de nai diferente.
-
irmán de leite
Fillo dunha ama de cría respecto ao fillo doutra muller amamantada por aquela.
-
irmán uterino
Respecto a outra persoa, fillo dunha mesma nai, pero de pai diferente.
-
medio irmán [cast: hermanastro, -tra; ingl: stepbrother, stepsister]
Fillo dun dos dous cónxuxes respecto ao fillo do outro.
-
s
-
s
Persoa considerada en canto á relación que a une con outros membros cos que ten un vínculo ideolóxico, espiritual ou doutro tipo.
Ex: Son irmáns de desventuras. Quérense como irmáns.
-
[RELIX]
-
s
Relixioso que non pertence ás ordes, laico.
-
s
Nome que se dan os relixiosos entre eles.
-
irmán bohemio
Membro dun grupo escindido da Igrexa Nacional Utraquista Checa segundo os Acordos de Praga (1433), organizada en Kunvald (1458) por Gregorio, sobriño do dirixente husita Jan de Rokycana. Trala Guerra de Esmalcalda, un grupo refuxiouse en Posen, Kozminek e Lissa (Polonia), onde se publicou unha confesión común a Sendomir; os outros asimilaron as doutrinas luteranas e publicaron a Confesión bohemia (1575). Acollidos algúns dos irmáns polo conde Nikolaus von Zinzendorf nas súas terras de Berthelsdorft (1722), formouse a comunidade de Herrnut, de tendencia pietista, baixo unha severa disciplina. Actualmente son uns 65.000.
-
irmán da vida común
Membro dunha comunidade relixiosa xurdida da corrente espiritual da Devotio Moderna, fundada e organizada en Deventer por Geert Groote e Florens Radewijns cara ao 1380. Aprobada en 1401, expandiuse polos Países Baixos e a Alemaña noroccidental. Os irmáns da vida común queren experimentar a vida relixiosa sen a vinculación dos votos. Por iso foron perseguidos polos mendicantes e polo chanceler Jan Gerson. Unha parte tentou evitar estas dificultades, e deu lugar aos cóengos regulares de Windesheim. Tiveron tamén unha rama feminina. Desapareceron no s XVI.
-
irmán das Escolas Cristiás
Membro da Congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás.
-
irmán do Señor
Parente de Xesús Cristo mencionado no Novo Testamento. Os máis coñecidos son Xaime, Xosé, Xudas e Simón. A eséxese católica considéraos curmáns de Xesús Cristo, mentres que a protestante os sinala como irmáns no sentido propio da palabra.
-
irmán de Plymouth
Membro da Igrexa dos Irmáns.
-
irmán da caridade de san Vicente de Paúl
Membro da congregación relixiosa fundada en Felanitx (Mallorca), en 1798, polo rector da localidade Antoni Roig i Reixach. O seu obxectivo era facilitar a asistencia de enfermos e o ensino dos nenos. A partir de 1850 estendeuse por toda a illa e, despois de 1940, por toda a Península Ibérica.
-
irmán separado
Entre os católicos, cristián que non pertence á Igrexa Católica.
-
s
-
adx e s
Que ou quen ten a mesma orixe ou son moi semellantes.
Ex: O castelán e o portugués son linguas irmás do galego. Viches o irmán deste calcetín?
-
s
Membro dunha irmandade.