irmandade
(< irmán)
-
s
f
Relación de afecto entre irmáns ou persoas que comparten as mesmas afinidades.
-
s
f
Asociación de persoas vinculadas por un labor, unhas ideas, etc, comúns, establecida cun carácter benéfico para socorrer os seus membros en caso de necesidade.
-
s
f
[HIST]
Cada unha das federacións de municipios establecidas en Castela e León, inicialmente con carácter temporal, coa finalidade do interese xeral, sobre todo o mantemento da orde e da seguridade, e contra os abusos señoriais. Apareceron a finais do s XII, pero non adquiriron importancia ata finais dos ss XIV e XV, como consecuencia das guerras civís que debilitaron o poder público. Destacaron as de Toledo (1300), formada para perseguir bandoleiros; Segovia, impulsada e regulamentada por Enrique IV de Castela (1473); e a do Cantábrico, constituída a finais do s XIII, que administraba e gobernaba libremente as poboacións asociadas, ata o punto de que chegou a adquirir unha notable independencia respecto da coroa e a manter relacións directas con Inglaterra e Francia. Os Reis Católicos crearon a Santa Hermandad, a imaxe destas, que participou na Guerra de Granada e que foi perdendo as súas atribucións ata que desapareceu no s XVII. En Galicia constituíuse en 1458 a Irmandade Galega, formada polos concellos de Santiago de Compostela, Muros e Noia e diversos nobres e, durante a Segunda Guerra Irmandiña, a Irmandade Xeral do Reino de Galicia (1467).
-
s
f
[RELIX]
-
Confraría de carácter piadoso.
-
Privilexio que unha comunidade relixiosa concede a alguén para facelo partícipe dalgunhas gracias.
-