Irmandade

Irmandade
[PUBLIC]

Revista editada en Caracas a partir de marzo de 1965. Subtitulouse “Boletín mensual de la Hermandad Gallega”. Dirixiuna inicialmente Celso E. Ferreiro, que en 1968 foi substituído por Gabriel Arcos. Voceira da Hermandad Gallega venezolana -que integraba o Centro Galego, a Casa de Galicia e o Lar Galego-, contou coa colaboración de destacados escritores galegos. Entre finais de 1970 e 1976 atravesou unha segunda etapa, que se interrompeu ata 1983, ano en que saíu como “Revista trimestral da Irmandade Galega de Venezuela”.