Johan Mendiz de Briteiros

Johan Mendiz de Briteiros

Trobador portugués. Activo entre finais do s XIII e principios do XIV, está moi documentado en actas e diplomas do período dionisíaco. Constitúe o último representante dunha familia de poetas e dignatarios de corte que ascendera socialmente mediante, sobre todo, políticas matrimoniais de varias xeracións: o seu avó Roi Gomez de Briteiros casara con Elvira Anes de Maia, da liñaxe dos Sousa, e coa voda ascendera a mordomo-mor de Afonso III; o seu pai Men Rodriguez de Briteiros seguiu na corte de Afonso III ata 1260 e, tras casar con Mariannes, filla de Johan Perez de Veiga, conseguiu os bens dos Berredo. O mesmo trobador casou coa filla ilexítima de Afonso III, Urraca Afonso, co que acrecentou o patrimonio familiar. Consérvanse 9 composicións da súa autoría, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 6 cantigas de amor e 3 de amigo. Este corpus caracterízase pola densidade e innovación temática, sustentada fundamentalmente no sentido da vista (ver/não-ver a persoa amada), así como pola innovación formal e retórica, o emprego de esquemas métrico-rítmicos particulares e as escollas léxicas expresivas.

Cronología

  • Nacemento