heroe, heroína
heroe, heroína
(< lat herōe < gr ἥρως, ἡρωινη)
-
s
[MIT]
Ser semidivino ao que se lle atribúen xestas prodixiosas a favor do grupo que o recoñece como tal. A súa figura sobresae na mitoloxía de diversos pobos primitivos e, aínda que concibida antropomorficamente, recoñécenselle poderes sobrenaturais. Na Grecia dos ss VIII e VII a C afirmouse o culto aos heroes, que se converteu en rito de súplica para obter a súa protección.
-
s
Persoa que se distingue pola súa coraxe, valor e fortaleza no sufrimento nunha situación determinada.
Ex: Un heroe descoñecido salvou os nenos. Levantaron un monumento ós heroes caídos na contenda.
-
s
Personaxe principal dunha narración fantástica ou dunha obra literaria ou cinematográfica.
Confrontacións: protagonista.