heroico -ca

heroico -ca

(< heroĭcu < gr ἥρωïκός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos heroes e ás súas accións.

  2. adx

    Que ten carácter de heroe ou que se comporta como tal.

    Ex: Un heroico bombeiro logrou apagar o lume.

  3. adx [LIT]

    Aplícase á obra literaria en que abundan os heroes.

Palabras veciñas

Heródoto | heroe, heroína | heroicidade | heroico -ca | 1 heroína | 2 heroína | heroinomanía