Lanzada, torre da

Lanzada, torre da

Antiga fortaleza situada na praia da Lanzada en Noalla (Sanxenxo). Foi construída por Sisnando, bispo de Iria Flavia cara a 960 para defender as terras de Santiago das incursións normandas e árabes. Foi propiedade da mitra compostelá e en tempos de Diego Xelmírez pertenceu tamén a dona Urraca en diversas ocasións. Durante a Idade Media foi escenario de loitas relixiosas e incursións árabes e foi derrubada durante as Guerras Irmandiñas. A pesar de que apenas se conservan restos, foi declarada Ben de Interese Cultural en 1995.