lar

lar

(< lat lare)

  1. s m

    Lugar da casa onde se fai lume.

    Sinónimos: fogar.
  2. s m

    Pedra lisa e plana ou grupo de pedras unidas e levantadas a pouca altura sobre o nivel do chan onde se acendía o lume nas casas tradicionais.

    Ex: A pota do caldo repousaba directamente sobre o lar.

    Sinónimos: lareira.
  3. s m

    Base de pedra que forma o piso do forno onde se coce o pan.

  4. s m

    Casa onde nacen e viven varias xeracións dunha familia.

    Ex: Teño ganas de regresar ó meu lar.

    Sinónimos: fogar.
  5. [MIT/RELIX]
    1. s m

      Divindade protectora do fogar na Antiga Roma. De orixe etrusca e sabina, representaba as ánimas dos antepasados e recibía culto doméstico. Tiña a función de protexer as encrucilladas, murallas, recintos domésticos e, nalgúns casos, ata unha colectividade. A súa principal festividade eran as compitalia, que se celebraban en decembro. O seu culto, moi estendido entre libertos e escravos, foi prohibido por César, pero Augusto restableceuno e reorganizouno nos collegia compitalicia, encargados do culto regular dos lares compitales. Estas divindades desempeñaron un importante papel no sincretismo galaico-romano e nelas deuse unha asimilación case perfecta de trazos e funcións relixiosas entre divindades romanas e indíxenas, ao tempo que reflicte o proceso de aculturación no NO da Península Ibérica. A maioría dos exemplos destas deidades romano-indíxenas atópanse nos conventos Bracarense e Astur, mentres no Lucense se concentran a maioría das mostras epigráficas referidas aos lares compitales. OBS: Úsase normalmente en plural.

    2. lares compitales

    3. lares familiaris

    4. lares praesites

Palabras veciñas

Laptev, mar de | Lapu-lapu | laquicia | lar | Lar | Lar | Lar