Lar de Toxos, O
Lar de Toxos, O
[PUBLIC]
Revista publicada en Barcelona a partir de 1990. Subtitulada “Voceiro da Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas de Barcelona”, estivo editada por esta asociación, tamén responsable de O Noso Breogán (1994). Editouse para difundir o labor da escola e contribuír ao coñecemento da cultura galega: gastronomía, lingua e literatura, música, localidades e cultura popular.