Lara
Lara
Estado do NO de Venezuela (19.800 km2; 1.581.121 h [estim 2001]). A capital é Barquisimeto. Limita ao N con Falcón, ao L con Yaracuy, ao SL con Cojedes, ao S con Portuguesa e Trujillo, e ao O con Zulia. O relevo é montañoso. Ao N sitúase o sistema montañoso do Caribe e no S os contrafortes andinos de Sierra Nevada de Mérida. O clima é tropical. O río principal é o Tocuyo. O contorno da capital concentra máis dun 50% do total do estado. É o primeiro estado produtor de millo do país. Ten minas de mercurio en San Jacinto.