Lara

Lara
[MIT]

Ninfa que, segundo Ovidio, habitaba en Lacio e tiña por alcume a larapetas. Como Xúpiter amaba a ninfa Iuturna e esta fuxía del, o deus pediulle a todas as ninfas que o axudasen a capturala. Aceptaron todas, pero Lara transmitiu a intención de Xúpiter, que chegou a oídos de Iuturna e da propia esposa do deus, Xuno. Como castigo pola súa imprudencia, Xúpiter arrincoulle a lingua e entregoulla a Mercurio para que este a levase aos infernos, onde se convertiu en ninfa das augas. Polo camiño, Mercurio violouna e, froito deste acto, tivo dous fillos xemelgos, os deuses lares.