Lara
Lara
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede da mitoloxía romana. Levaba o nome de Lara ou Lala (‘a larapetas, a lingoreteira’) unha ninfa do Lacio que descubriu o plan que Xúpiter tiña para capturar a Iuturna, de quen estaba namorado. Na tradición oriental existe unha santa Lara (s IV), mártir grega baixo a persecución de Domiciano que non figura no santoral.