Lareira
Lareira
[PUBLIC]
Revista editada pola Casa de Galicia en París a partir de 1984. Coordinada por A. G. Fontán, actuou como voceira da propia institución. Nos seus diferentes apartados analizábanse cuestións relacionadas coa lingua galega, a cultura, o funcionamento interno da Casa de Galicia e informacións de interese para o emigrante galego. Ademais, incluíu poesía, pasatempos e a análise da figura e da obra de diversos intelectuais e escritores galegos.