Lareira
Lareira
[PUBLIC]
Revista editada en Madrid a partir de 1989. Subtitulouse “Revista de la Asociación de Restaurantes Gallegos” e nela estaban representados os establecementos hostaleiros de distintas cidades españolas, europeas e americanas. Dirixida por Manuel Méndez Sanjurjo, ao longo de diversas seccións tratábanse temas relacionados coa cociña galega (recetas, viños e produtos galegos). Incluíu ademais artigos sobre aspectos da etnografía galega e entrevistas a persoas da vida pública de dentro e de fóra de Galicia.