Laxe, pazo da
Laxe, pazo da
Construción situada en Esporiz (Monterroso). Construído cara a 1520, reformouse en 1700 e no s XIX. O morgado fundárono Alonso Gundín e Beatriz Salgado. A súa planta aproxímase á forma rectangular. A torre, situada na parte dereita, ten planta cadrada con bufardas nas plantas inferiores. Conserva unha capela exenta, de planta rectangular, na que destaca o pórtico de entrada con frontón triangular e tres escudos.