Laxe, porto de
Laxe, porto de
Porto pesqueiro situado na ría de Corme e Laxe. É un dos portos de baixura máis relevantes do litoral da provincia da Coruña, a pesar de que sufriu unha forte recesión. Mantén unha significativa actividade comercial, de feito é o máis especializado nesta actividade da comarca de Bergantiños e as diversas melloras, como os novos peiraos e unha nova lonxa, potenciaron a actividade portuaria da vila de Laxe. Dentro dos servicios que ofrece o porto destaca o calado de 3 m, auga, enerxía, combustible, rampla, talleres, efectos navais e alumeado.