Leiro, San Salvador de
Leiro, San Salvador de
Antigo mosteiro situado en Miño. Documéntase en dúas doazóns, conservadas nos documentos de Santa María de Monfero, de 1142 e 1146. A igrexa ten planta en forma de cruz cunha nave divida en tramos, ábsida poligonal e cuberta a dúas augas. No exterior destaca a espadana, distribuída en dous corpos; o primeiro composto por arcos oxivais, e o segundo articulado nun corpo central ao redor de pináculos.