lemavos
lemavos
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo prerromano de Gallaecia do convento xurídico Lucense. Segundo as fontes, o seu territorio estendeuse pola bisbarra de Monforte de Lemos. A súa capital, Dactonium, debeu situarse nas proximidades de Monforte de Lemos ou Chantada, pero a localización é incerta.