lembranza

lembranza

(< lembrar)

  1. s f

    Presencia na memoria de feitos pasados.

    Ex: Non teño lembranza diso que falas. Mantivérono na lembranza a pesar do paso dos anos.

    Sinónimos: acordanza, memoria, recordo.
  2. s f

    Presente que se fai a alguén para lembrar algunha cousa.

    Ex: Trouxéronlle unha lembranza de Sevilla.

    Sinónimos: recordo. Confrontacións: obsequio.
  3. s f

    Homenaxe que se fai como recordatorio dunha persoa ou dun acontecemento.

    Ex: Xuntáronse para facer lembranza do amigo desaparecido.

    Confrontacións: conmemoración.
  4. s m pl

    Saúdos dunha persoa ausente a unha terceira persoa.

Refráns

  • A memoria do mal mal se pode tirar; a do ben logo se vaL
  • Acórdate de ti e esquécete de mino
  • Aoque vou e veño, non me esquezo do que teño.
  • Hai cen anos que foi iso e inda hoxe a vella chora.
  • O máis acordado, máis esquecido.
  • O que foi duro de pasar, pasado, é doce de lembrar.
  • Quen vive de recordos, vive entre mortos.
  • Se cho dixen, non me lembro e por iso non cho nego.

Palabras veciñas

lemavos | lemba | lembrado -da | lembranza | lembrar | Lemdiyya | Lemdiyya