lináceo -a
lináceo -a
(< lat científico Linum)
-
adx
Relativo ou pertencente ás lináceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das lináceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas herbáceas, arbustivas ou arbóreas, da orde das linais, que presentan follas alternas, simples, enteiras, sésiles e a miúdo estreitas, flores actinomorfas, hermafroditas, xeralmente pentámeras e froito en cápsula loculicida. Comprende unhas 300 especies propias de zonas temperadas e cálidas, algunhas delas, como o liño, de grande interese económico.