liquidez
(< líquido)
-
s
f
[FÍS]
Calidade de líquido.
-
[ECON]
-
s
f
Condición ou característica dun activo, xeralmente financeiro, que permite a recuperación do valor do investimento ou dos fondos investidos na compra, dun xeito inmediato. Suponse que a recuperación do valor faise en diñeiro de curso legal. Pódese falar de situacións de liquidez de persoas físicas ou morais (empresas, bancos ou incluso un estado).
-
liquidez bancaria
Cantidade de diñeiro de curso legal e depósitos á vista no banco central, que teñen os bancos para afrontar as diminucións dos seus depósitos. A súa relación co total de depósitos, ou conxunto de recursos de terceiros de fontes non bancarias utilizadas polos bancos coñécese como coeficiente de caixa. Pódese falar tamén dunha segunda liña de liquidez, que incluiría os activos de conversión inmediata en diñeiro, en particular a débeda do estado a curto prazo.
-
liquidez internacional
olume de medios de pagamento aceptados pola maioría dos países para saldar as débedas entre eles. Estes medios están constituídos polo ouro e as moedas de reserva ou de circulación internacional, en particular o dólar de EE UU.
-
preferencia pola liquidez
Relación funcional entre a cantidade de diñeiro demandado polas empresas e o público e as variables que a determinan. O termo foi empregado por primeira vez por J. M. Keynes na súa obra The General Theory of Employment, Interest and Money, que defendeu que a demanda de diñeiro se produce por tres motivos fundamentais: a transacción, que depende do volume de produción e polo tanto da renda; a precaución, para continxencias non precisables como enfermidades ou accidentes, e a especulación, desexo de reter o diñeiro á espera das oscilacións de tipos de intereses e, polo tanto, do precio dos activos financeiros. Segundo el, os dous primeiros motivos non están ligados ás variacións dos tipos de interese, a diferenza do terceiro, que está vinculado dunha forma moi directa. Por isto os keynesianos consideran o tipo de interese como o factor relevante na demanda de diñeiro.
-
s
f
-
s
f
Capacidade de responder ás débedas económicas.