líquido -da
(< lat liquĭdu)
-
[FÍS]
-
adx
Relativo ou pertencente ao estado líquido ou a un líquido.
-
adx
Que presenta as características dun líquido.
-
estado líquido
Estado da materia, intermedio entre o sólido e o gasoso, en que as moléculas teñen escasa cohesión e poden cambiar a súa posición respectiva (segundo o recipiente que o conteña), pero que ocupa un volume practicamente constante en función da temperatura ou a presión. Os líquidos e os gases denomínanse fluídos, e ambos os dous teñen unha gran mobilidade molecular. Nun líquido as moléculas son atraídas por igual en todas as direccións polas súas veciñas e, polo tanto, a forza resultante é nula excepto para as moléculas da superficie do volume líquido, nas que aparece a tensión superficial. O paso ao estado sólido é a solidificación (denomínase conxelación cando é debida a unha diminución de temperatura), e o paso inverso é a fusión. O paso ao estado gasoso denomínase vaporización e o inverso, condensación. Na superficie libre dos líquidos, as moléculas con enerxía suficiente para abandonar a masa líquida vaporízanse. Nun recipiente pechado, establécese un equilibrio entre a fase líquida e a gasosa. Se a maioría das moléculas dunha masa líquida teñen a enerxía necesaria para evaporarse, prodúcese a ebulición do líquido. Unha propiedade debida ás forzas de cohesión nos líquidos é a viscosidade. O estudo teórico dos líquidos constitúe a hidráulica, o dos líquidos en repouso a hidrostática e o dos líquidos en movemento a hidrodinámica.
-
adx
-
[ECON]
-
adx
Aplícase á cantidade ou ao prezo que resulta unha vez efectuadas as reducións que correspondan.
-
adx
Calquera ben ou activo financeiro facilmente convertible en diñeiro efectivo.
-
s
m
Diñeiro en moedas ou billetes en efectivo.
-
líquido impoñible
Cantidade estimada ou fixada oficialmente sobre a que se aplica a tributación correspondente a cada contribuínte.
-
adx
-
adx e s
f
[LING]
Aplícase á consoante precedida doutra e seguida dunha vogal que forma un grupo silábico con elas.